Nenos e maiores participaron nun encontro interxeracional en Ribas de Sil

Esta semana celebrouse en Ribas de Sil unha xornada de encontro entre xeracións organizada polos monitores dos campamentos de verán e a dirección do Centro da Terceira Idade.
O obxectivo foi que os nenos e nenas compartisen tempo e experiencias cos maiores, recuperando a tradición galega de convivencia entre avós e netos.
Durante a actividade, os máis novos achegáronse á residencia, falaron, escoitaron e pasaron momentos xuntos. As concelleiras Rosy Quiñones e María del Carmen González asistiron ao acto para apoiar esta iniciativa que busca reforzar os lazos entre xeracións.