Nenos e maiores de Manzaneda participaron nun encontro interxeracional para celebrar o Nadal
RibeiraSacraXa
A tarde contou coa visita especial de Papá Noel e coa actuación do grupo de acordeóns Airiños da Porta Falsa

25 Dec 2025
Nenos e maiores compartiron un rato xuntos na residencia da terceira idade, desfrutando da música do grupo de acordeóns Airiños da Porta Falsa. Foi unha xornada interxeracional na que ambas xeracións se reuniron para celebrar o Nadal.
A tarde contou ademais coa visita especial de Papá Noel, que se fotografou cos nenos e atendeu as súas peticións. Os pequenos que se achegaron a saudalo agardan con ilusión recibir os seus agasallos esta noite.