Multitudinaria fin de semana en Carballedo coa III Festa do Cocido de Porco Celta, Mostra de Artesanía e Festa do Cabalo

RibeiraSacraXa
Rutas e carreiras a cabalo, música, gastronomía e artesanía déronse cita na vila nunha edición de éxito
festa-do-cocid-de-porco-celta-carbballedo
13 Apr 2026

Carballedo viviu este sábado unha das súas grandes citas do ano coa celebración da III Festa do Cocido de Porco Celta, Mostra de Artesanía e Festa do Cabalo, unha xornada dedicada á tradición, á gastronomía e ao ambiente propio da Ribeira Sacra.

O pregón desta edición estivo a cargo de Juan Verde, emprendedor global e ex alto cargo do Goberno dos Estados Unidos, coñecido polo seu traballo como referente internacional en economía sostible. A xornada contou cunha Mostra de Artesanía e a Festa do Cabalo, sesión vermú, un xantar multitudinario, carreiras de cabalos e animación musical a cargo da charanga Unión Phenosa.

0.14663600921631