Multitude de asociacións e persoas altruístas convértense en culpables do éxito da Ruta Xacobea

RibeiraSacraXa
Multitude de asociacións e persoas altruístas convértense en culpables do éxito da Ruta Xacobea, sobre todo na difusión do Camiño de Inverno
camino santiago peregrinos
5 sep 2022

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, vén de agradecer o traballo a prol do Camiño de Santiago que realizan cada día moitas persoas e que contribúe ao gran éxito da Ruta Xacobea. “Sen as asociacións de persoas que desinteresadamente e voluntariamente fan promoción ao Camiño, as administracións e a Xunta de Galicia non iríamos a ningún sitio”, salienta o mandatario galego na homenaxe a Aida Menéndez no albergue de peregrinos de O Saviñao que na súa honra levará o nome da veciña de Monforte.

O presidente destaca o esforzo e o traballo de Aida na recuperación e difusión do Camiño de Inverno, unha das dez rutas oficiais entre as que poden elixir os peregrinos cara Santiago. Rueda remarca algunhas das característicass diferenciadoras deste camiño, como que é a única ruta que atravesa as catro provincias galegas e que segue o curso natural do río Sil.

“Este é o primeiro albergue dos moitos que ten que impulsar a Xunta de Galicia neste Camiño de Inverno, porque vai seguir medrando, sen ningunha dúbida”, subliña o titular do Goberno galego ao referirse aos datos rexistrados dos peregrinos que camiñaron ata Compostela no que vai de ano. No 2016 disparouse o número de camiñantes que elixiron a ruta de Inverno, pasando dos 287 aos 1.600 neste 2022.

A homenaxeada foi presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e levou a cabo un intenso labor de estudo sobre a historia e o itinerario desta ruta de inverno. Ademais, colaborou co grupo de historiadores e investigadores que redactou o proxecto de recuperación deste trazado do Camiño.

Por último, Alfonso Rueda remarca o compromiso do Goberno galego co Camiño, investindo 4 millóns de euros dende 2015 no mantemento, roza e limpeza das estradas e coa apertura de albergues coma este, que alcanzan as 34 prazas e que teñen o fin de acadar o máximo benestar para os seus visitantes.

0.18372797966003