Monforte xa ten todo listo para a XII Carreira Popular
A poucos días para o inicio da duodécima edición da Carreira Popular de Monforte, o alcalde, José Tomé Roca, amosa a súa satisfacción polo número de persoas anotadas: “A pesares da pandemia, mantemos un número similar de inscritos con respecto á última edición celebrada en 2019, co cal podemos dicir que a Carreira Popular volve con forza e que é todo un éxito de participación”.
O peche das inscricións para participar na XII Carreira Popular Concello de Monforte que se celebrará o vindeiro domingo 3 de abril, tivo lugar onte, cun total de 1.158 persoas inscritas para participar nalgunha das carreiras que forman parte do evento.
O alcalde anima a todos os veciños e veciñas de Monforte a presenciar as carreiras e a animar ós seus participantes “pois o alto número de inscritos garante que vaiamos a ter un gran ambiente atlético durante a mañá do domingo”.
A categoría mini conta con 117 inscricións, a prebenxamín 248, a benxamín 150, a alevín 136, a infantil e cadete 104 e a absoluta 413.
Horarios das probas
Son os máis cativos os que comezarán a competir ás 11.00 horas na categoría mini sobre unha distancia total de 80 metros e a continuación darán paso á categoría prebenxamín, ás 11.10 horas, benxamín ás 11.20 horas, alevín ás 11.30 horas, e infantil – cadete ás 11.40 horas.
Ás 12.00 horas está prevista a saída da carreira absoluta sobre un percorrido de 10.000 metros no que tomarán a saída 413 atletas.
Entre as probas de menores e a proba absoluta establécense un total de 14 categorías o que da lugar a un reparto importante de trofeos, xa que os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo conmemorativo do evento. A única categoría na que non haberá clasificación e na MINI onde todos e todas os e as participantes levarán unha medalla e unha bolsa de lambetadas como agasallo por rematala carreira.
Todos/as os/as atletas que finalicen cada unha das carreiras nas que participen recibirán un agasallo conmemorativo do evento así como avituallamento sólido e líquido.
Percorridos
As probas de categorías menores terán lugar no entorno das rúas Compañía, Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure con meta no interior da Praza da Compañía, a excepción da carreira de categoría mini que ten a meta á altura dos quioscos situados na rúa Compañía.
A carreira absoluta ten un percorrido totalmente urbano que transcorre polas principais e máis céntricas rúas do Concello: Saída da Praza Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avda. de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avda. de Galicia – Rúa Cardeal - Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.
Cortes de tráfico
A organización deste evento implica a alteración do trafico nalgunha das rúas polas que circula a carreira, feito polo que o Concello de Monforte pide a comprensión de tódolos veciños e veciñas.
O tráfico verase afectado do seguinte xeito:
Entre as 10:15 e as 13:45 h. estarán cortadas ó tráfico as seguintes rúas:
- R/ Compañía dende a Praza Ponte Fontecha
- Paseo de Lugo entre Dalmiro de la Válgoma e Duquesa de Alba
- Dalmiro de la Válgoma
- Escultor Frco. Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro.
- R/ Reboredo, do número 1 ata o paso a nivel.
Entre as 11:45 e as 13:30 h. estarán cortadas as seguintes rúas:
- Aparcamento do Parque dos Condes
- R/ Compañía
- R/ Paseo de Lugo
- R/ Aceña Nova
- R/ Carud
- R/ Paredes
- R/ San Lázaro
- R/ Duquesa de Alba
- R/ Dalmiro de la Válgoma
- Escultor Frco. Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro
- R/ Sarria
- Avda. de Galicia dende o cruce con R/ Sarria ata o cruce coa R/ Ourense
- Roberto Baamonde dende R/ Conde ata o cruce coa R/ Cardenal, con desvío da circulación por R/ Otero Pedrayo.
- R/ Conde, tramo dende Oficina de Correos ata Prazuela do Conde.
- R/ Cardenal Rodrígo de Castro
- R/ Hortas
- Praza Dr. Goyanes
- R/ Doutor Casares dende Praza Doutor Goyanes ata cruce con Paseo do Malecón
- Paseo do Malecón
- Ponte vella
- R/ Sta. Clara dende enlace con R/ Corredoira ata R/ A. Mendez Casal
- R/ A. Méndez casal
- Praza Campo de San Antonio
- Tramo R/ Ourense entre Campo de San Antonio e Cruce con R/ Chantada
- Estacionamentos públicos da R/ Hortas e Campo de San Antonio (traseira de Gonzalo Seguros)
Entrega de dorsais
Nesta edición do evento a entrega de dorsais realízase por adiantado e non se entregarán dorsais o día da carreira. Para elo o Concello de Monforte habilitará un punto de entrega de dorsais na praza da Compañía, en fronte das “Oficinas Municipais das Casitas” o venres 1 de abril de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e, o sábado 2 de 9.00 a 14.00 horas.
Utilización de máscara protectora
A única limitación existente en relación co COVID-19 é a obrigatoriedade de utilizar a máscara de protección no momento da saída e unha vez cruzada a liña de meta, así como no momento da entrega de premios. Unha vez dada a orde de saída de cada carreira os/as deportista deberán saír correndo coa máscara posta, que poderán retirar unha vez transcorridos os primeiros metros que permitan cumprir coa distancia de seguridade.
Tamén será obrigatorio o uso da máscara para recoller o trofeo no momento da entrega de premios.