Monforte volve abrir a piscina climatizada e o ximnasio municipal

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte informa que o deporte non federado poderá volver a realizarse novamente en espazos pechados.
piscina natacion
12 Sep 2021

O Concello de Monforte informa que, tendo en conta a última normativa publicada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, segundo a cal Monforte deixa de estar en nivel máximo de restricións, a partir de onte sábado 11 de setembro o deporte non federado poderá volver a realizarse novamente en espazos pechados.

Deste xeito, a piscina climatizada municipal e o ximnasio de Monforte volverán abrir para a práctica deportiva non federada e prestará os seus servizos habituais con normalidade.

O regulamento que permite está apertura está recollido na ORDE do 9 de setembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da covid19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Do mesmo xeito, o Concello subliña que nesta apertura o aforo estará limitado ó 50%, segundo o establecido pola normativa autonómica para os concellos con nivel de restricións alto.

0.15046095848083