Monforte terá este venres na praza unha xornada etnograstronómica

RibeiraSacraXa
Poderanse degustar pratos con produtos da praza xunto a viños da Ribeira Sacra
xornadas-etnograstronomicas-monforte-praza
Cartel do evento
31 Maio 2024

O Concello continúa organizando actividades arredor da campaña internacional Quere o teu mercado. Tras o éxito acadado coa xornada de degustación de produtos locais, celebrada o pasado sábado 25 de maio, hoxe celébrase unha xornada etnogastronómica para exaltar e promocionar os produtos da Praza de Abastos.

Neste senso, o rexedor monfortino indicou que “as prazas de abastos, a través de canles cortas de comercialización, garanten a calidade dos produtos alimentarios galegos, e nelas únese tradición e modernidade, a través da profesionalidade dos seus praceiros e praceiras”.

Así, O Concello de Monforte de Lemos organiza hoxe venres 31 a partir das 20:00 horas a segunda xornada etnogastronómica, poderase degustar viños da DO Ribeira Sacra, xunto con produtos gastronómicos da Praza.

Nesta ocasión, a través de varios restaurantes locais e adegas poderase degustar as delicias culinarias da gastronomía con tapas variadas e viños de adegas da DO Ribeira Sacra acompañados de música en directo do grupo monfortino Segunda Parte.

“Nas instalacións da praza de Abastos contaremos coa oferta de viños de catro adegas, así como tres restaurantes locais a través dos cales poderemos consumir diversidade de tapas elaboradas con produtos de primeira calidade, denominacións de orixe e produtos de proximidade”, explicou o alcalde.

Poderanse degustar pratos como gazpacho de cacheira, salmorejo de tomate azul, banderilla matrimonio, cono de queixo curado á mencía con mermelada de froitos vermellos, pizzas variadas, empanadilla de polo e arroz, ensaladilla, croquetas caseiras de xamón, empanadas variadas, tablas de queixos e embutidos e tostas salgadas e doces.

Os viños serán das adegasCruceiro, Alouviño, Viña Frieira e Curuxo.

0.19638013839722