Monforte súmase á conmemoración do Día Mundial contra o cancro

RibeiraSacraXa
La Torre del Homenaje se iluminará de verde con el fin de conmemorar el Día Mundial contra el Cáncer en Monforte de Lemos.
torre homenaxe en verde Monforte
4 Feb 2022

O Concello de Monforte súmase hoxe venres día 4 de febreiro os actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro.

Para elo, como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas pola enfermidade do cancro, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informou que na noite do venres 4 de febreiro procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde.

Cada ano, o 4 de febreiro celébrase o Día Mundial contra o Cancro como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade.

Baixo o lema da campaña deste ano “Non somos todos iguais”, o obxectivo da Asociación Española contra o Cancro (AECC) é garantir que todas as persoas teñan os mesmos dereitos, oportunidades e recursos para previr a enfermidade, enfrontarse a ela e acceder aos resultados da investigación.

Neste senso, o alcalde sinala que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois o cancro é unha enfermidade que desgraciadamente está moi estendida na nosa sociedade”.

O cancro pódese considerar como o problema sanitario, social e económico máis importante que ten a nosa sociedade. O cancro segue constituíndo unha das principais causas de mortalidade no mundo, co diagnose de 18,1 millóns de casos novos en 2020. O número de cánceres diagnosticados en España no ano 2022 se estima que alcanzará os 280.100 casos.

Por esta razón, o Concello de Monforte súmase ó chamamento da Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro.

Tamén, dende esta Asociación ponse a disposición da cidadanía a web acuerdocontraelcancer.com, coa finalidade de que a sociedade apoie esta iniciativa.

0.094345092773438