Monforte sufrirá maña un corte no subministro de auga na rúa Vivendas Caixa de Aforros
Por obras de mellora na acometida do subministro de auga, maña mércores 21 de setembro a rúa Vivendas Caixa de Aforros sufrirá un corte de auga.
O concello de Monforte vén de informar que maña mércores levarase a cabo un corte no subministro de auga na rúa Vivendas Caixa de Aforros, para levar a cabo obras cuxo obxectivo é a mellora na rede de abastecemento municipal de dita zona.
Este corte no subministro de auga afectará a toda a Estrada de A Vide, á rúa Vigo, e a todas as rúas colindantes con estas dúas.
O corte levarase a cabo pola mañá dende as 9.00 ata as 14.00 horas aproximadamente.
Deste xeito, o concello que segue traballando para a mellora do servizo de subministro de auga de Monforte, agradece a comprensión dos veciños e descúlpanse polas molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.