Monforte será o escenario dunha aventura a través dunha ruta de exploración organizada por Coureleando
O vindeiro 4 de febreiro terá lugar unha aventura en Monforte organizada polo colectivo Coureleando a través dunha ruta de exploración.
Así, a saída será ás 09.30 horas desde o Parque dos Condes para ir cara a Aldea das Gándaras, desde onde se irá á Pena dos Defuntos para facer logo un tramo de ida e volta cruzando o maior bosque de érbedos de Galicia.
Despois, as persoas participantes verán unha das poucas albarizas que hai no territorio de Monforte, visitarán a aldea perdida de Barxa e logo regresarán para visitar o Santo Baño, unha sepultura antropomorfa con fonte milagreira.
Ademais, no camiño poderán ver vellos bancáis onde noutra época se deron as vides da Ribeira Sacra, sendo unha das rutas máis salvaxes do Concello de Monforte.
Esta actividade, de 15 km e arredor de 400 metros de desnivel, é de nivel medio/alto con zonas molladas, polo que o guía Guillermo Díaz recomenda levar calzado impermeable e roupa cómoda.