Monforte repartiu 3.200 euros en premios durante a XXI Feira Medieval

A XXI edición da Feira Medieval de Monforte celerouse esta finde semana convertendo unha vez máis á cidade no epicentro da vida medieval en Galicia durante dous días.
Entre as principais novidades desta edición estivo o incremento dos grupos de animación musical. En 2024 actuaban cinco grupos o sábado e catro o domingo, mentres que este ano foron sete grupos cada día, enchendo as rúas de música e ambiente festivo durante toda a fin de semana.
En canto ao Mercado Medieval, o número de postos tamén aumentou: pasaron de 135 a 140, distribuídos en 45 postos de gastronomía, 32 de comercio e 63 de artesanía, seleccionados entre 191 solicitudes presentadas en prazo. Este crecemento obrigou a ampliar o recinto da feira, incorporando a Praza de San Antonio para albergar os novos postos.
O Concello de Monfortem, ademais, destinou este ano un total de 3.200 euros en premios para os concursos da feira, o que supón un aumento do 60% respecto a edicións anteriores. Os concursos convocados este ano foron o X Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros, o IX Concurso de Decoración de Balcóns e o XII Concurso de Traxes Medievais.
X Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros
- 1º premio: O Salgueiral
- 2º premio: Chuladas y más
- 3º premio: Pizzería Versalles
- Accésit: Carpe Diem
IX Concurso de Decoración de Balcóns Medievais
- 1º premio: Asociación de Veciños A Pinguela
- 2º premio: M. Belén Prieto Robisco
- 3º premio: Oriana Sulheyll López Caballero
- Accésit: Asociación Española Contra o Cancro no balcón de Ma Milagros Aira Rodríguez
XII Concurso de Traxes Medievais
Categoría Parella Adulto:
- 1º premio: Héctor Manuel Díaz López, Alba Fuentes Pavón e Martina Díaz Fuentes
- 2º premio: Sara García Mazas e Ma del Carmen Figueiras Pérez
Categoría Individual Adulto:
- 1º premio: Miryam Losada Rodríguez
- 2º premio: José Iglesias Díaz
Categoría Parella Infantil:
- 1º premio: Mateo e Leo Díaz Uceira
Categoría Individual Infantil:
- 1º premio: Noa Neira Copa
- 2º premio: Sara Neira Copa