Monforte repartiu 2.000 euros en premios no Concurso de Comadres

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer os gañadores do Xoves de Comadres, iniciando así as actividades programadas arredor do Entroido 2025.
Para este concurso, a Concellería de Cultura de Monforte levou a cabo tres convocatorias, unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursou na Praza de España.
En concreto, estes foron o número de participantes anotados:
- Barrios Colectivos: participaron 7 asociacións cun total de 35 comadres
- Barrios individual: 8 participantes con 16 comadres en total
- Centros de ensino colectivo: 2 centros
- Centros de ensino individual: 3 centros
- Plaza de España individual: 5Cabe recordar que para esta edición de 2025, dende o Equipo de Goberno decidiuse incrementar a partida de premios en 4.000 euros, alcanzando os 25.000 euros, que é un 19% máis que en 2024 (21.000 euros) e un 39% máis que en 2023 (18.000 euros).
Para o Xoves de Compadres destináronse 2.000 euros en premios, 100 euros máis que en 2024. “O obxectivo é animar á xente a que participe nestes concursos e contribúa ó éxito do noso Entroido” salientou o alcalde, José Tomé Roca.
Tras a comunicación dos gañadores, levouse a cabo a queima da Comadre oficial, que como todos os anos foi elaborado pola asociación Albores
Premios do Xoves de Comadres
Crítica social
- "A intelixencia artificial humanoide chegou para quedarse" Asociación Agora 150 euros
Barrios colectivo
- Accésit "A princesa por o Cabe" Asoc. Veciños Barrio de Cobas 75 euros
- Accésit "Queremos playa" Mª Matilda Corral-Peluquería Internacional 75 euros
- Accésit "Camiño de Inverno en Outeiro" Mª Luz Prieto Rodríguez 75 euros
- Segundo premio "A intelixencia artificial humanoide chegou para quedarse" Asociación Agora 120 euros
- Segundo premio Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer Monforte AFAMON 120 euros
Primeiro premio "Adios Franco, hola libertad" San Julián de Tor 150 euros
Barrios individual (ata 3 compadres)
- Accésit "As faraonas" Geriatros Domus Monforte 50 euros
- Accésit "Fisio multitarefa" Patricia Prieto Díaz 50 euros
- Accésit "As concelleiras pandereteiras" Silvia García Vázquez, San Juan de Tor 50 euros
- Segundo premio "Lavandeira no rego esparracha" Miguel Somoza González, de Guntín 50 euros
- Primeiro premio "Las obras sin fin" Asociación Agora-Centro Día 100 euros
Praza de España individual
- Accésit "La muñeca del juego del Calamar" Adelina Deus González 50 euros
- Accésit "El río Cabe guía a Moana" Mª del Carmen Toyos Fontenla 50 euros
- Accésit "A cantante do Cabe" Anxo Rodríguez-Sandra Losada Rodríguez 50 euros
- Segundo premio "Polo san Blas, a cegoña verás" Leo Salgueiro Blanco 75 euros
- Primeiro premio "A vendimiadora do Cabe" Rodrigo Martínez-Sonia Faria 100 euros
Centros ensino colectivo (Máis de 3 compadres)
- Segundo premio "As casiñas de Rosalía" CEIP Monforte 120 euros
- Primeiro premio "Unha vida entre teas: grazas Fildar" Colexio Ferroviario 150 euros
Centros ensino individual
- Segundo premio "Ansiedad" Colexio Torre de Lemos 75 euros
- Primeiro premio "Reciclada" ANPA Colexio Escolapios 100 euros