Monforte ofrece un ano máis formación universitaria para maiores de 50 anos

RibeiraSacraXa
O concello de Monforte ofrece un ano máis formación universitaria para maiores de 50 anos en colaboración coa USC
formacion maiores50 monforte portada
12 Aug 2022

O concello de Monforte vén de abrir o prazo de inscrición para anotarse nunha nova edición do programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos, froito do acordo que a entidade monfortina estableceu coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), por terceiro ano consecutivo.

O programa leva por título “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento” e está composto por diversos seminarios formativos, totalmente gratuítos. Poderá inscribirse neles calquera persoa maior de 50 anos, para que non é necesario posuír ningunha formación previa específica.

O alcalde, José Tomé Roca, salienta que “trátase dun programa, que xa celebramos tanto en 2020 coma en 2021, cun gran éxito de participación en ambos casos, e con el  garantimos o dereito de todos os cidadáns ó acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos. Polo tanto, entendemos a través  deste proxecto favoreceremos o achegamento do coñecemento á poboación maior do noso Concello, o que incidirá na mellora da súa calidade de vida e a súa participación social real nos ámbitos rural e  urbano”.

Deste xeito, todos os interesados e interesadas poderán formalizar a súa inscrición gratuíta neste programa acudindo á Biblioteca Municipal de Monforte (Praza de España) en horario de 9 a 14 horas. O prazo abrirá dende mañá mércores día 10 e ata o venres día 26 de agosto, ambos incluídos.

PROGRAMA

O programa de seminarios e activades prácticas desenvolverase no Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón) entre os días 5 e o 13 de agosto de 2022. Dito programa contará coas seguintes actividades teóricas e prácticas: o seminario “A Herdanza en Galicia” impartido por Xaime Requeixo Souto, o seminario “Dando luz ao románico... Escoitando o falar das imaxes petrificadas” impartido por Carolina Casal Chico, unha visita a Santo Estevo de Ribas de Miño e San Paio de Diomondi dirixida por Carolina Casal Chico, a sesión práctica “A herdanza en Galicia” impartida por Xaime Requeixo Souto, o seminario “Alimentación saudable para toda a familia” impartido por Laura Sanjulián Fernández e a sesión práctica “Deseño dun menú saudable” impartida por Laura Sanjulián Fernández.

OBXECTIVOS

O obxectivo principal deste programa é favorecer a democratización do coñecemento, potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos nos concellos que se suman a este proxecto.

formacion maiores50 monforte

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17014908790588