Monforte mellorará a iluminación pública para que os condutores teñan máis visibilidade

RibeiraSacraXa
Monforte mellorará a iluminación pública para que os condutores teñan máis visibilidade e aumentar a seguridade na cidade
13 Mar 2023

O alcalde de Monforte, José Tomé, anunciou que incluíu dentro do proxecto de mellora da iluminación pública a LED, un apartado que ten que ver coa seguridade no tráfico.

Para lograr este obxectivo, o Concello vai mellorar a iluminación dos pasos de peóns máis concorridos e que non teñen regulación por semáforos, colocando farolas fronte aos pasos de cebra para que se vexan mellor os peatóns e tamén os pasos de peóns.

O obxectivo é que os condutores teñan unha maior visibilidade, tanto dos propios pasos de peóns como da xente que os cruza, para tal fin o equipo de goberno vai a colocar 42 farolas novas en 32 pasos de peóns.

Onde resulte necesario colocaranse dúas farolas, salvo en lugares onde xa haxa unha nun dos laterais do paso de cebra ou nas proximidades, e cando coincida con algunha entrada de edificios ou calquera outro obstáculo, colocárase unha farola soamente.

Ademais da iluminación de farolas especificas para os pasos de peóns, tamén serán colocados 3 catadióptricos en cada sentido da marcha en todos os pasos de peóns da cidade, de forma que nos pasos de cebra das rúas de sentido único se colocarán 3 dispositivos reflectantes no sentido da marcha e nas rúas de dobre dirección serán colocados 6 catadióptricos.

Deste xeito, os condutores terán o aviso de onde se atopa o paso de peóns sobre todo de noite, reducindo a velocidade e aumentando a súa atención pola advertencia que supón o reflexo das luces de cores nos dispositivos reflectantes.

O goberno local defende que "esta é unha medida novidosa e esperamos que sexa efectiva para aumentar a seguridade dos peóns sobre todo ao escurecer, aumentando a tranquilidade para os condutores, para os peatóns e para o conxunto da cidadanía".

O investimento tanto de farolas como dos catadióptricos e as novas luminarias e os catadióptricos que se coloquen nos pasos de peóns, ascenderá ao redor de 85.000 euros.

0.209792137146