Monforte inaugura o Belén da Casa da Cultura, obra de J. Antonio Dávila

O Concello de Monforte presentou o seu tradicional Belén de Nadal na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, creado polo artista J. Antonio Dávila. O nacemento destaca pola súa fusión de elementos galegos e árabes, ofrecendo unha visión diferente e enriquecedora desta tradición, e poderá visitarse na sala de exposicións ata o 9 de xaneiro de 2026.
A inauguración contou coa presenza do concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e da concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón, que animaron aos veciños a achegarse e desfrutar tamén da programación de Nadal que prepararon para estas datas, con actividades para todas as idades.