Monforte inaugura as obras de mellora da praza de Doutor Goyanes
Monforte procedeu á apertura da praza de Doutor Goyanes ó público, logo de concluír as accións executadas nela.
Así pois, o resultado foi un espazo redondeado, totalmente accesible que se conseguiu coa eliminación de barreiras, coas reordenación e renovación do pavimento na praza Dr. Goyanes.
As actuacións de mellora na praza de Doutor Goyanes deron comezo á principios deste ano 2021 e contaron cunha inversión de 86.914,02 euros. A empresa Ocisat foi a encargada de desenvolver os traballos, logo dos cales acádase unha praza totalmente renovada.
A praza de Doutor Goyanes é o resultado dunha intervención relativamente recente ó construírse a principios do século pasado o hotel Comercio, un dos escasos edificios singulares que se construíron en Monforte naqueles anos. Esta praza tivo sempre un marcado carácter comercial xa que nela asentábase o primitivo mercado e sufriu unha importante modificación coa apertura do Malecón.
Polas súas condicións dimensionais, polo tipo de construcións que a definen e pola súa importancia como espazo de repouso, o Concello decidiu levar a cabo obras de mellora nesta praza, dado que é ademais un espazo cunha marcada vocación peonil e que se conforma coma unha praza singular na trama urbana da cidade, que articula as rúas do Comercio, Dr. Casares, o Malecón, a rúa das Hortas, a Ponte Vella, Armando Cotarelo e Abelardo Baanante, estando unida en total a 6 rúas.
As obras que acometeu o Concello na praza de Doutor Goyanes supuxeron a renovación do seu pavimento e a eliminación das barreiras arquitectónicas existentes, así como a reordenación da súa estrutura e dos seus elementos, coa colocación de bancos e árbores.
Do mesmo xeito, coa reordenación espacial da praza e a eliminación das barreiras arquitectónicas existente, dotouse de continuidade ó itinerario peonil, conforme ó vixente código de accesibilidade.
Tamén, nesta obra de mellora utilizáronse materiais acordes co carácter histórico da praza e a súa consideración de BIC dentro do casco Histórico de Monforte.
Para elo utilizouse unha soleira armada de formigón, de 20 cm de espesor, sobre a que se colocaron lousas escuadradas de granito Silvestre abuxardado, de 10 cm de espesor. Este pavimento de pedra organizouse significando as direccións determinadas pola fachada lateral do antigo Hotel Comercio e a fachada á praza do edificio colindante.