Monforte entregou os premios do certame de Poesía Infantil de Nadal 2025

RibeiraSacraXa
En total, este ano repartíronse 10 premios entre os escolares de Monforte
premios-concurso-nadal-escolares-monforte
29 Jan 2026

O Concello de Monforte entregou este mércores os premios do certame de Poesía Infantil de Nadal 2025 dirixido aos escolares dos centros educativos da cidade. A Gala tivo lugar na Casa da Cultura Lois Pereiro e contou coa presenza da concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, Marina Doutón, que foi a encargada de facer entrega dos galardóns.

Con este certame, que forma parte do Programa das Festas de Nadal do Concello de Monforte, o equipo de goberno busca dinamizar a lectura e fomentar a creatividade entre as xeracións máis novas.

Os premios entregados nesta edición foron libros e xogos educativos, que recaeron nun total de dez alumnos e alumnas monfortinas. Na categoría de entre 9 e 11 anos, os premios foron para Emma Álvarez Gómez, do CPR Escolapios, Sofía Rodríguez Pérez, do CPR Torre de Lemos e Lucía Sánchez Vázquez, do CPR Escolapios, que recibiron o primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente. Ademais, outorgáronse tres accésits para Martín Gómez Losada, do CEIP Plurilingüe Monforte, Daniel Fontela Martínez, do CPR Escolapios e José Antonio Vila Sánchez, tamén do CPR Escolapios.

Na categoría de entre 12 e 16 anos o primeiro premio foi para Martina Rodríguez López, o segundo para Ainhara Reboiro Silva, o terceiro para Dayma Pino Valcárcel, e o accésit para Celtia Rodríguez Rodríguez, todas alumnas do CPR Ferroviario.

Doutón agradeceu a participación de todos os nenos e nenas, así como dos profesores e profesoras implicados no certame, e animounos a continuar desenvolvendo esta labor creativa e a seguir participando nas diferentes iniciativas que dende o Concello se convocan ao longo do ano.

⚙ Configurar cookies
0.066669940948486