Monforte entregou os diplomas aos participantes da primeira quincena do campamento deportivo

RibeiraSacraXa
A segunda quincena do campamento xa está en marcha e desenvolverase ata o 31 de xullo con 120 prazas para menores de entre 5 e 12 anos
entrega-diplomas-campameto-deportivo-monforte
Entrega de diplomas aos nenos e nenas do Campamento Deportivo de Monforte
18 Jul 2025

A tenente de alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregaron esta semana os diplomas aos nenos e nenas que participaron na primeira quincena do Campamento Deportivo de Verán organizado polo Concello de Monforte.

O alcalde, José Tomé, valorou o esforzo que supón para o Concello manter estas actividades: “Dende o Concello facemos un esforzo moi importante para poder manter a celebración destas actividades de verán, nas que ofertamos un total de 822 prazas, que é o número máis alto dos últimos anos desde que no 2024 se aumentaran 8 prazas máis que en anos anteriores”.

Tamén sinalou que “o noso obxectivo é facilitar a conciliación das familias no período de vacacións escolares e, sobre todo, que os nenos e nenas de Monforte poidan desfrutar das súas vacacións practicando as actividades que máis lles gustan”.

A segunda quincena do campamento xa está en marcha e desenvolverase ata o 31 de xullo, con 120 prazas para menores de entre 5 e 12 anos.
Para a terceira quincena, que terá lugar do 1 ao 14 de agosto, aínda quedan prazas dispoñibles e as persoas interesadas poden anotarse nas oficinas municipais.

⚙ Configurar cookies
0.16186308860779