Monforte entregará 12.000 euros a asociacións sen ánimo de lucro para servizos sociais en 2022

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte aprobou a convocatoria de subvencións a entidades e asociacións sen ánimo de lucro no ámbito dos servizos sociais
alcalde monforte
10 Maio 2022

Na Xunta de Goberno do Concello de Monforte, celebrada o pasado luns día 2 de maio, o equipo de goberno aprobou a convocatoria anual de subvencións a entidades e asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e que desenvolvan actuacións no ámbito dos servizos sociais no Concello de Monforte durante o exercicio 2022.

“Con estas axudas dende o Goberno municipal queremos facilitar a estas entidades recursos para a inclusión social, para garantir a autonomía persoal e para brindar oportunidades sociais e educativas, así coma axudar a previr a aparición de dependencia, desigualdade ou desprotección a aquelas persoas máis vulnerables”, sinala o Alcalde, José Tomé Roca.

Esta liña de axudas posta en marcha polo Concello de Monforte busca así fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social, previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, atendendo ó seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

A contía destinada a estas subvencións para actividades realizadas no ano 2022 ascende a 12.000 euros, sendo 2.000 euros a contía máxima de cada subvención. Do mesmo xeito, como regra xeral o importe máximo da subvención para cada proxecto ou actividade non poderá exceder do 70% do seu orzamento.

PRAZO ABERTO ATA O 6 DE XUÑO

Unha vez publicada esta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, o pasado sábado 7 de maio de 2021, o prazo de solicitude para estas axudas é de 20 días hábiles, polo que o prazo estará aberto ata o 6 de xuño de 2022.

A solicitude e documentación requiridas poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica do mesmo ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

REQUISITOS DAS ENTIDADES

As entidades que poderán optar a ser beneficiarias destas subvencións de carácter social, serán aquelas que realicen actividades ou desenvolvan proxectos de interese social para o municipio de Monforte de Lemos e deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ter a súa razón social ou sede no Concello de Monforte de Lemos.
  2. Carecer de ánimo de lucro.
  3. Estar inscritas no Rexistro municipal de asociacións do Concello de Monforte de Lemos como asociación de clase asistencial.
  4. Estar ao corrente das súas obrigas tributarias co Concello, coa Seguridade Social e Axencia Tributaria.
  5. Non incorrer en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiario de subvencións públicas previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  6. Que a actividade para a que solicitasen a subvención estivese prevista dentro dos obxectivos da entidade e acorde co establecido na base terceira das bases reguladoras e recollidos nos seus estatutos fundacionais e se realicen no termo municipal de Monforte de Lemos.
  7. Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.

Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.

Quedan excluídas da presente convocatoria as entidades e asociacións de carácter exclusivamente cultural, veciñal, xuvenís, deportivas, ANPAS e profesionais.

ACTIVIDADES SUBVENCIONADAS

Son obxecto de subvención o desenvolvemento de actividades e proxectos de carácter social que teña como persoas destinatarias últimas calquera dos colectivos das distintas áreas de actuación propias dos servizos sociais, primando aqueles colectivos de persoas que por razón de índole económica, de saúde ou concorrencia de circunstancias sociais, étnicas ou culturais sufran especiais dificultades respecto da xeneralidade de poboación de precisen dunha atención específica para garantir o acceso a calidade de vida e participación social.

Incluirase con carácter excepcional na presente convocatoria o financiamento de actividades, material ou outros gastos extraordinarios ocasionados pola crise sanitaria do Covid-19 en relación co funcionamento dos centros e a realización de programas de inclusión social da súa titularidade.

DOCUMENTACIÓN

As entidades interesadas deberán presentar as solicitudes de acordo cos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral do Concello de Monforte de Lemos, nos servizos sociais comunitarios ou na web www.monfortedelemos.es.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

  • Fotocopia compulsada do NIF en vigor da persoa física que actúen en representación.
  • Proxecto descritivo da actividade asinado pola persoa representante con especificación da data, lugar de realización, responsables do desenvolvemento da actividade, obxectivos e fins, temporalización, metodoloxía e avaliación a que se destinarán os fondos, de acordo co baremo que figura no punto 12 das bases da convocatoria.
  • Orzamento de ingresos e gastos da actividade con expresión das axudas solicitadas ou concedidas por parte doutros organismos públicos ou privados.

O Concello comprobará de oficio a inscrición no Rexistro municipal de Asociacións e a non existencia de débedas coa Facenda municipal.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN

A adxudicación das subvencións farase en concorrencia competitiva tendo en conta os principios de igualdade, transparencia, non discriminación e obxectividade, e as puntuacións alcanzadas serán as que determinan as subvencións obxecto de concesión conforme aos seguintes criterios de valoración, tendo en conta que cada proxecto poderá ser valorado cun máximo de 20 puntos:

  1. Calidade e contido técnico do proxecto cun máximo de 12 puntos desagregados do seguinte xeito:
    • Calidade do proxecto: ata 5 puntos.
    • Temporalización das actividades e sostibilidade no tempo: ata 2 puntos.
    • Atención a tipoloxía de necesidades atendidas: ata 5 puntos.
  1. Incidencia social do proxecto cun máximo de 5 puntos desagregados do seguinte xeito:
    • Número persoas participantes: ata 2 puntos.
    • Apertura actividades: ata 2 puntos.
    • Declaración da entidade como entidade de Utilidade Pública :1 punto
  1. Experiencia no sector de poboación determinado pola maior implantación no Concello, cun máximo de 2 puntos.
    • Carácter innovador do proxecto: 1 punto

I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

0.19443011283875