Monforte entrega os distintivos de permanencia a tres policías locais

RibeiraSacraXa
Os distintivos recoñecen os seus 25  anos de servizo a prol dos veciños e veciñas de Monforte de Lemos
monforte-distintivos-policia
Monforte entrega os distintivos de permanencia a tres policías locais
18 Feb 2025

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo entrega este luns dos distintivos de permanencia no servizo a tres axentes do corpo da Policía Local da cidade, logo de que alcanzaran os 25 anos de traballo a prol dos monfortinos e monfortinas.

En concreto, foron distinguidos os axentes Victor Díaz Lebices, Carlos Losada Díaz e Javier Vázquez Orozco. Deste xeito, en recoñecemento polos seus 25 anos de servizo e entrega ós cidadáns de Monforte, o alcalde fíxolles entrega do correspondente diploma oficial, pasador e insignia de lapela.

Acompañado pola primeira Tenente de alcalde, Gloria Prada, o Secretario do Concello, José Antonio Mourelle, e o Inspector xefe da Policía Local, Miguel Martínez, o alcalde aproveitou tamén esta distinción para agradecerlles ós tres axentes o seu servizo e o seu compromiso na cidade de Monforte, ó longo dos seus 25 anos de traballo.

0.16305112838745