Monforte deu a benvida á primavera coa tradicional Festa dos Maios

RibeiraSacraXa
Un total de 12 maios decoraron as rúas de Monforte este mércores
maios-monforte
8 May 2025

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este mércores, 7 de maio, unha nova edición do tradicional Concurso dos Maios, unha cita que encheu de cor e tradición as rúas da cidade. Os maios, tras percorrer diversos puntos do centro, concentráronse na Praza de España, onde foron recibidos polo alcalde, José Tomé Roca; a tenente de alcalde, Gloria Prada; a concelleira de Cultura, Marina Doutón; e o concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada.

Este ano, o certame contou cunha nova organización ao establecerse dúas modalidades de participación: "Maios centros de ensino" e "Maios asociacións, colectivos e particulares". En total, presentáronse 12 maios a concurso.

Na modalidade de centros de ensino participaron: CEIP A Gándara, Fundación Educativa Torre de Lemos, Colexio Ferroviario, Colexio PP. Escolapios e CEIP Monforte.

Na modalidade de asociacións, colectivos e particulares, os inscritos foron: Miguel Somoza González, Brais e Roi Rodríguez Díaz, Centro de Día Monforte de Lemos, Asociación Ágora Área Ocupacional, Asociación Ágora Área Diurna Terapéutica Centro de Día, Geriatros DomusVi Monforte, CEIP Monforte e Cristina Blanco Rajo.

Premios do Concurso de Maios

Modalidade: Centros de ensino

  • Primer premio: "A Abella do Ferroviario", Colexio Ferroviario
  • Segundo premio: CEIP A Gándara
  • Terceiro premio: Colexio PP. Escolapios
  • Accésit: "Lady May", Fundación Educativa Torre de Lemos
  • Accésit: CEIP Monforte

Modalidade: Asociacións, colectivos e particulares

  • Primer premio: Asociación Ágora Área Ocupacional
  • Segundo premio: Brais e Roi Rodríguez Díaz
  • Terceiro premio: Centro de Día Monforte de Lemos
  • Accésit: Asociación Ágora Área Diurna Terapéutica Centro de Día
  • Accésit: "Maio da Domus", Geriatros DomusVi Monforte
  • Accésit: Cristina Blanco Rajo

Certame de coplas

Tamén se celebrou o certame de coplas, no que participaron tres propostas que foron interpretadas en directo na Praza de España. A clasificación final foi a seguinte:

  • Primer premio: CEIP A Gándara
  • Segundo premio: CEIP Monforte
  • Terceiro premio: Miguel Somoza González e José Miguel González Lemos

O alcalde, José Tomé Roca, destacou que “o obxectivo era animar á participación e, logo de contar con 12 maios e 3 coplas inscritas, podemos dicir que foi un éxito. Ademais, a calidade e traballo dos maios foi moi satisfactoria, con propostas moi orixinais e ben elaboradas das que os participantes poden sentirse moi orgullosos”.

Os aboamentos dos premios realizaranse mediante transferencia bancaria. Para iso, será preciso que cada participante entregue un certificado bancario co número da conta do titular. Non se poderá efectuar o pagamento mentres o beneficiario non estea ao corrente coas súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, ou se sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.

⚙ Configurar cookies
0.15995287895203