Monforte despide o entroido co Enterro da Sardiña
O Concello de Monforte despediu no día de onte o Entroido co Enterro da Sardiña. Este ano trala recuperación da celebración desta data, foi a Cofradía do Santo Enterro da Sardiña o que o despediu.
A Cofradía do Santo Enterro da Sardiña percorreu as rúas da cidade e as coplas satíricas pecharon os actos adicados a Don Carnal.
O alcalde de Monforte, recibiu á comitiva, e lle foron entregadas as coplas cantadas nesta edición onde se denunciou a corrupción, a elección da canción de Eurovisión, a guerra de Ucrania e a situación do PP en Madrid.
ENTERRO DA SARDIÑA
O enterro da sardiña é unha cerimonia coa que se anuncia o fin do Entroido en diversos puntos de España e Hispanoamérica. Os enterros adoitan consistir nun desfile carnavalesco que parodia un cortexo fúnebre e culmina coa queima dalgunha figura simbólica, xeralmente representando a unha sardiña.