Monforte celebrará os Maios o vindeiro día 7

RibeiraSacraXa
O prazo para presentarse ao concurso, que por primeira vez contemplará a modalidade de coplas, estará aberto ata o día 6
Os-Maios-Monforte
Os Maios, Monforte, 2024
2 May 2025

O vindeiro mércores 7 de maio o Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de Os Maios. A concentración dos montaxes florales característicos desta festa popular coa que se saúda a entrada da primaveira será ese día ás 17.30 horas na Plaza de España, onde se procederá ó mesmo tempo á lectura das coplas

Este ano, as bases do concurso modificáronse e mentres en edicións pasadas todos os concursantes recibían un premio de 75 euros, nesta edición, establécese por primeira vez, a división de dúas variantes de concurso: Maios e Coplas. Ademais, no concurso dos maios, haberá dúas modalidades, “Maios asociacións, colectivos e particulares” e “Maios centros de Ensino”.

En canto ós premios, na modalidade de MAIOS, haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio e un máximo de seis accésits por categoría. O primeiro premio é de 200 euros o segundo premio é de 150 euros e o terceiro premio é de 100 euros, en canto ós accésits terán un premio de 75 euros.

Tamén se establecen premios na modalidade de Coplas por primeira vez dende a creación do concurso, de modo que se establecen un primeiro premio de 100 euros, un segundo premio de 75 euros e un terceiro premio de 50 euros ademais de 6 accésits de 30 euros.

Tal e como explicou o alcalde, “este ano consideramos necesario establecer unha modificación das bases do concurso, porque apreciamos en anos anteriores que había moita diferencia no traballo duns maios e outros e o premio era igual para todos. Para premiar o esforzo da realización tan laboriosa dalgúns traballos, consideramos mais xusto establecer tres premios, como se fai noutros concursos que ten programados o Concello e 6 accésits”.

José Tomé Roca, destacou que este ano “queremos animar así á participación dos veciños de Monforte, na celebración da entrada da primavera, e que os participantes que formen parte desta festa tradicional, leven un merecido premio, valorando o traballo e o esforzo da realización e composición dos maios e coplas que concursen”.

As solicitudes para a inscrición no concurso dos maios, así como das coplas, deberán presentarse para a súa participación, no Rexistro Xeral do Concello de Monforte dende o día 2 de maio. O último día de presentación das mesmas será o 6 de maio antes das 14.00 horas.

Bases do concurso

Poderán participar no Concurso tódolos monfortinos que o desexen, e o tema tratará sobre calquera tipo de Maio.

Os Maios sairán o 7 de maio a percorrer as rúas da cidade libremente e xuntaranse na Praza de España ás 17.30 horas, onde se interpretarán as coplas.

O xurado valorará a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais utilizados. O xurado do concurso estará composto pola Concelleira de Cultura ou persoa á que designe, e por persoas de diferentes ámbitos sociais, educativos e culturais de Monforte de Lemos. En canto ós criterios de valoración do xurado das copla, terán en conta a interpretación, a posta en escena, a imaxinación, a idea, a orixinalidade, os instrumentos musicais utilizados e o número de compoñentes.

⚙ Configurar cookies
0.1485869884491