Monforte celebra o Martes de Pascua coa tradicional renovación de votos do alcalde

RibeiraSacraXa
José Tomé renovou os votos coa Virxe de Montserrat, comprometéndose a manter as celebracións do Martes de Pascua e do 15 de agosto, Día da Patroa
martes-de-pascua-monforte
7 Apr 2026

Monforte celebra hoxe o Martes de Pascua, unha das súas festividades locais na que se celebran actos de honra á Virxe de Montserrat, patroa da cidade. O alcalde, José Tomé Roca, encabezou a comitiva institucional, na que participaron Concelleiros e Concelleiras do Equipo de Goberno, ademais de autoridades e representantes das distintas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A comitiva partiu da Casa do Concello cara a misa na honra da Virxe de Montserrat, na Igrexa de San Vicente do Pino. A Eucaristía foi presidida polo Vicario de Pastoral do Obispado de Lugo, Luis Manuel Rodríguez Pérez, e polo párroco monfortino Rafael Mella e contou, como é tradición coa presencia das camareras da Virxe e membros da súa cofradía.

Posteriormente, e como é tradición, tivo lugar unha procesión coa imaxe da Virxe, que este ano, debido ao vento e a posibilidade de chuvia, realizouse polo adro da igrexa de San Vicente. Tralo percorrido, o acalde renovou os votos coa Patroa da cidade e procedeuse á tradicional bendición dos campos, para regresar novamente ao interior do templo.

“Dende que eu son Alcalde, comprometinme a manter esta importante tradición dos monfortinos e monfortinas na honra á nosa Patroa, a Virxe de Montserrat, e así fixen este Martes de Pascua, no que renovei os meus votos e comprometinme a seguir celebrando tanto esta festividade como a do 15 de agosto, Día da nosa Patroa”, garantiu Tomé.

0.12170004844666