Monforte celebra a xuntanza de palilleiras máis multitudinaria da provincia de Lugo

RibeiraSacraXa
O concello de Monforte celebra a xuntanza de palilleiras máis multitudinaria da provincia de Lugo con máis de 400 asistentes
Palilleiras Monforte portada
3 Sep 2022

O concello de Monforte acolle hoxe unha completa xornada dedicada á arte de palillar baixo o nome de “I Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra”.

O encontro celebrarase no pavillón polideportivo do colexio dos Escolapios, con entrada polo campo de terra, debido á asistencia de máis de 400 palilleiras provintes de toda Galicia, Asturias e Castela e León.

O acto inaugurarase ás 12:00 horas e a continuación terá lugar a actuación do Grupo de Gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte.

Ademais dos postos destinados ás máis de 400 palilleiras que acudirán a este encontro, tamén se contará cunha zona específica destinada á venta exclusiva de produtos que se poidan utilizar na arte de palillar, conformada por 9 tendas especializadas.

Este I Encontro de Palilleiras en Monforte é posible grazas ó traballo conxunto desenvolto polo concello monfortino e pola Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, e o obxectivo é amosar e por en valor a arte de palillar. Neste proxecto, traballouse dende o ano 2020, ano no que estaba ultimada a sía celebración que finalmente non foi posible celebrar pola incidencia da pandemia que obrigou a pospoñelo ata esta ano 2022.

A escolla de Monforte para ser a sede deste encontro veu motivada, pola alta demanda de moitas palilleiras que pedían celebrar un encontro en Monforte. Do mesmo xeito, tamén se tivo en conta a repercusión mediática que ten Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, e a propia Ribeira Sacra, dentro e fora de Galicia.

As localidades galegas de procedencia das palilleiras protagonistas deste encontro son Marín, Valga, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, O Grove, Pontevedra, Ourense, Oleiros, Burela, Sarria, Silleda, Redondela, Porto do Son, Salvaterra de Miño, Lugo, Ponteareas, Vigo, Tui, Abegondo, Mos, Camariñas, Vimianzo, Viveiro, Burela, Xove, Valdoviño así como de Monforte de Lemos. Tamén virán palilleiras provintes de Castela e León e de Asturias.

PROGRAMA

10.30 horas - Recepción das palilleiras

11.30 - 13.30 horas - Obradoiro de Costura Creativa

12.00 horas - Inauguración da xuntanza de palilleiras a cargo do alcalde de Monforte. A continuación, actuación do Grupo de Gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte.

12.00 a 14.00 horas- Palillada

14.00 horas- Xantar

16.30 horas- Palillada e sorteo de agasallos

17.00-19.00 horas- Obradoiro de Costura Creativa

19.00 horas - Despedida

O obradoiro de Costura Creativa, celebrarase en dúas sesións, ás 11.30 e ás 17.00 horas e contará con 10 prazas por sesión, nel poderán participar aqueles que o desexen a partir dos 12 anos de idade. A inscrición poderase realizar, de xeito gratuíto, 15 minutos antes do inicio de cada obradoiro, por orde de inscrición ata esgotar as prazas.

Palilleiras Monforte

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18546390533447