Monforte celebra a súa Feira Medieval con 140 postos e decenas de actividades

RibeiraSacraXa
A feira abre as súas portas este sábado e poderá visitarse ata o domingo pola tarde
feira-medieval-monforte
Actualizada el 1 abril 2026, 15:31 horas
29 Nov -0001

A XXII Feira Medieval de Monforte abre este sábado e domingo as súas portas cun extenso programa de actividades que se desenvolverá en diferentes puntos do centro urbano e do conxunto histórico. O alcalde definiuna como “moi completa e cargada de animación que invadirá as rúas con música medieval, bufóns, trobadores e personaxes fantásticos durante os 2 días da feira”.

Entre os espazos principais destaca a Praza de España, que acollerá o campamento medieval e espectáculos como a inauguración oficial con salva de artillería, lume e acrobacias. Desde este punto sairán tamén desfiles como o do Gran Dragón ou pasarrúas con ambientación fantástica.

Outros escenarios serán a Praza de San Antonio, con exposición de aves de rapina e o espectáculo final “Vulcano”; a Praza das Clarisas, con actividades infantís; o Adro da Régoa, con tiro con arco e gastronomía; ou o Campo da Terra dos Escolapios, onde terán lugar as xustas medievais. A noite do sábado terá como punto central a Praza Luis de Góngora, con espectáculos visuais e a solta de faroliños.

O Mercado Medieval deste ano contará con 140 postos distribuídos polo conxunto histórico, entre eles 35 de alimentación, 80 de artesanía certificada e outros de comercio variado. A ambientación completarase coa decoración de rúas e espazos emblemáticos, así como cos concursos de traxes, balcóns e establecementos, cuxa entrega de premios será o domingo ás 19:00 horas.

0.11849403381348