Monforte apaga as fontes da cidade para evitar roturas nas tubaxes
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, decidiu que dende hoxe, martes 25 de xaneiro, procederase ó apagado das fontes da cidade co obxectivo de evitar roturas das tubaxes das mesmas por conxelación. Esta iniciativa protexerá as infraestruturas da cidade e supoñen unha acción máis do mantemento das instalacións do municipio.
Deste xeito, as fontes que deixarán de funcionar serán a fonte do Parque da Compañía, a fonte da Estación, e a fonte cibernética da praza das Casitas.
Esta medida seguirá vixente ata que pase a actual ola de frío, que está a provocar temperaturas baixo cero na cidade do Cabe.
As baixas temperaturas poden supor un risco para a cidadanía tanto coa creación de placas de xeo nas estradas e no chan polo que se solicita extremar a precaución á hora de saír a rúa.