Monforte adquire unha parcela no Polígono do Reboredo

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte de Lemos adquiriu na mañá de onte unha parcela no Polígono industrial de O Reboredo.
parque industrial reboredo monforte
16 sep 2021

O Concello de Monforte de Lemos e a Xerente da entidade estatal Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo Doce, asinaron na mañá de onte a adquisición, por parte do Concello, dunha parcela no Polígono industrial de O Reboredo, “para seguir cubrindo as necesidades de desenvolvemento deste polígono”, destacou o alcalde, José Tomé.

A xerente de SEA aproveitou a súa visita a Monforte para facer efectiva ante notario a sinatura de outras tres novas ventas no polígono industrial do Reboredo, no que, tras os bos resultados destes dous últimos años, solo quedan catro parcelas dispoñibles, e outra parcela xa está comprometida pero aínda non escriturada.

En concreto, asináronse vendas cunha compañía metalúrxica, unha empresa de enxeneiría, outra vinculada á construción e co Concello de Monforte.

Trátase de catro parcelas que permitirán sumar a tres novas empresas ó polígono, nunha extensión total de 27.173 metros cadrados, posto que unha das superficies vendidas ascende a máis de 14.000 metros cadrados. En cifras económicas, as operacións supoñen un desembolso para as compañías de 529.873 euros máis IVA.

As operacións asinadas esta mañá pola xerente de SEXA súmanse ás pechadas nos últimos meses e que reflicten o dinamismo do polígono, nun antes e un despois evidente tras estes dous últimos anos.

En concreto, neste ano 2021, o organismo estatal Suelo Empresarial del Atlántico tamén pechou operacións que afectan ás parcelas 2C e 3C, que suman 14.912 metros cadrados -290.784 máis IVA-; e as 14A e 15ª, que supoñen un total de 8.988 metros cadrados -175.266 euros máis IVA-.

Aposta do Concello de Monforte polo Polígono do Reboredo

O Polígono do Reboredo é un polígono con "moitas posibilidades e ben comunicado, por atoparse a 1,5 Km da N-120 e tamén da futura autovía A-76, así como unha ubicación xeográfica que o pode facer atractivo para empresas de fora do ámbito territorial local".

Mostra da "saúde da que goza é a necesidade da ampliación do Polígono para cubrir a demanda actual, necesidade que dende o Concello xa lle foi solicitada hai unhas semanas á SEPE e a Suelo Empresarial del Atlántico, que é a entidade que se encarga da xestión e venta das súas parcelas de uso industrial"

Novas actuacións de mellora no Reboredo

No pasado mes de xullo deste ano 2021, o Concello licitou o proxecto para a conversión dun camiño público do Polígono nunha nova vía que facilitará as comunicacións internas do polígono, así como o seu desenvolvemento e ampliación.

Neste proxecto, o Concello investirá case 236.000 euros, cun orzamento total de 355.627,16 euros, para acadar unha vía de 16,50 metros de ancho e dotada de todos os servizos de iluminación, saneamento e beirarrúas.

Outra das iniciativas propias nas que o Concello está a traballar xa é na rehabilitación dunha nave do polígono, propiedade municipal, para convertela nun futuro Viveiro de Empresas, para o cal a inversión destinada polo equipo de goberno monfortino supera os 235.000 euros, dun orzamento total de máis de 427.000 euros, e con posibilidades de ampliación, si fose necesario.

0.19092297554016