Monforte acometerá a reparación da fonte da Praza da Compañía

RibeiraSacraXa
Asinada a adxudicación das obras que suporán a reparación da fonte e a instalación dun cerramento ornamental por un importe de 40.000 euros.
planos fonte monforte
4 Jun 2021

O Concello de Monforte de Lemos conta con diversas fontes públicas por toda a súa xeografía. Unha das máis concorridas é a que se sitúa na Praza da Compañía, que é un dos puntos de máis interese e afluencia turística da cidade.

O equipo de Goberno do Concello, decidiu acometer a reparación de dita fonte cibernética da praza da Compañía, logo de constatar o seu estado de deterioro, debido ó paso de vehículos por esta zona, cando se celebra na praza algunha actividade.

Así, as obras de mellora consistirán, dunha banda, a reparación da fonte e doutra, o cambio da malla metálica, e a instalación dun peche perimetral na mesma. Para elo, o alcalde, José Tomé Roca, ven de asinar a adxudicación destas obras de mellora por un importe total de case 40.000 euros (39.468,63 €, ive engadido). O prazo de execución de ambas actuacións é de 1 mes.

A reparación consistirá na substitución da reixa electrosoldada, formada por unha pletina de aceiro tipo Trámex, que recubre a fonte na súa totalidade. Esta actuación foi adxudicada á empresa monfortina Alumetal por un importe de 27.140,30 €, ive engadido.

Do mesmo xeito, a fin de evitar futuros deterioros na estrutura e funcionamento da fonte, tamén se levará a cabo a instalación dun cerramento perimetral, cuxa colocación foi adxudicada á empresa Global PCH Lugo, S.L.U., por un imponte de 12.328,33 €, ive engadido.

“Con esta actuación recuperaremos e protexeremos a que é unha das fontes máis concorridas da cidade, situada nun dos puntos neurálxicos da cidade, para o disfrute de todos os monfortinos e monfortinas, particularmente polos nenos e nenas, así como das persoas que nos visitan” sinalou o alcalde.

0.17199206352234