Monforte acolleu o tradicional Festival de Primavera a cargo dos Xograres de Lemos
RibeiraSacraXa
O Festival contou cunha gran afluencia de público, que encheu o Auditorio do Edificio Multiusos
18 Jun 2024
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acudiu ao Auditorio do Edificio Multiusos para presenciar o tradicional Festival de Primavera a cargo dos Xograres de Lemos, festival que esta agrupación monfortina celebra ano a ano por estas datas.
O rexedor monfortino estivo acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros de Servizos, José Luís Losada, Muller e Igualdade, Margarita López, e Consumo, Regina López.
O Festival contou cunha gran afluencia de público, que encheu o Auditorio do Edificio Multiusos e fixo un repaso por cancións e melodías de diferentes países do mundo, como Francia, Alemaña, Arxentina, Portugal, Estados Unidos, Irlanda e tamén España e Galicia.