Monforte acolleu a xornada 'Quere o teu mercado', con diferentes actividades culinarias
A tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, inaugurou a xornada de degustación de produtos locais dentro da campaña internacional Quere o teu mercado, na Praza de Abastos da cidade.
“Con esta iniciativa”, recorda Prada, “dende o Concello de Monforte, sumámonos ás que xa levamos realizando dende hai anos para fomentar as compras no pequeno comercio de proximidade, que é o que se realiza, neste caso, na Praza de Abastos da nosa cidade”.
Así, dende as 12.30 horas tivo lugar unha degustación de produtos locais provintes dos praceiros: queixos e embutidos, empanadas, entre outros, acompañados de viños da D.O. Ribeira Sacra.
En concreto, degustáronse empanada de polo dos postos “Panadería Salomé” e “Polos Rogelio”, empanada de carne e chourizo, dos postos ”Panadería Salomé” e “Carnicería Kazán”, mini hamburguesa de Tenreira galega, do posto “Carnicería Kazán“, tosta de revolto de tirabeque, dos `postos “Terras de María Castaña” e “Polos Rogelio”, tosta de espárrago galego ao forno, dos postos “Terras de María Castaña” e “Panadería Salomé”, tosta doce de cantarela confitada, dos postos “Terras de María Castaña”, queixos artesáns de ovella e de cabra, do posto “O Colmado”, salchichón de polo, de Polos Rogelio, chourizos artesáns, do posto “O Colmado”, xamón artesán, do posto “Carnicería Kazán”, e viños da D.O. Ribeira Sacra e vermouths dos postos “Terras de María Castaña” e “O Colmado”.
Nesta primeira xornada ideada polo Equipo de Goberno, fíxose tamén a entrega dunha bolsa de tea conmemorativa da campaña “Quere o teu mercado”.
A vindeira semana, o venres 31, dende as 20.00 horas, a Praza de Abastos acollerá una xornada enogastronómica, na que o público asistente poderá degustar viños da D.O Ribeira Sacra, xunto con produtos gastronómicos da Praza, que serán elaborados por varios restaurantes locais e porporcionados por adegas de dita D.O.
Poderase así degustar as delicias culinarias da nosa gastronomía con tapas variadas, acompañados de música en directo, en concreto a que ofrecerá a través dun concerto acústico o grupo monfortino “Segunda Parte”.