Monforte acolleu a actuación da Banda de Música de Chantada
A Banda de Música de Chantada actúa co seu concerto de Nadal na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, dentro do Programa de Nadal do Concello de Monforte.
É unha actuación organizada polo Concello de Monforte de Lemos, dentro do programa Tradigalu desenvolvido desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo-Área de Cultura.
Tradigalu
Tradigalu é un programa de promoción e difusión da música tradicional e popular que se lanzou o 19 de xullo e se manterá ata o 31 de decembro e que ten como pretensión levar máis de 150 actuacións de bandas, corais e grupos tradicionais polas comarcas.
Conta cun orzamento de 150.000 euros e mantén os obxectivos do Musiqueando, adaptándose á actualización da interpretación da normativa sobre subvencións. Así, ademais de xenerar unha actividade que repercute economicamente nas agrupacións musicais, a área de Cultura complementará as programacións culturais que ofrecen asociacións, concellos e demais axentes culturais.