Monforte acollerá unha concentración en solidariedade co pobo palestino organizada por Mar de Lumes

RibeiraSacraXa
A organización Mar de Lumes convoca unha concentración en solidariedade co pobo palestino para o vindeiro domingo, 22 de outubro, ás 12.
manifestación Palestina
20 Out 2023

A organización Mar de Lumes convoca unha concentración en solidariedade co pobo palestino para o vindeiro domingo, 22 de outubro, ás 12.00 horas na Praza de España de Monforte de Lemos.

Baixo o lema 'Paremos o xenocidio na Palestina', convidan á cidadanía de Monforte e da comarca interesada en mostrar o seu apoio para unirse a esta concentración, na que se lerá un manifesto por persoas simpatizantes coa causa para expresar a solidariedade con Palestina.

"A situación en Palestina é motivo de preocupación a nivel global, os bombardeos e ataques das últimas xornadas de Israel conta a Faixa de Gaza que xa deixan millares de cidadáns palestinos falecidos e moitos máis feridos provocaron mobilizacións en todo o mundo e Mar de Lumes únese á voz de quen desexa expresar o seu apoio á causa palestina", explican desde Mar de Lumes.

"Mar de Lumes" é unha organización sen fins de lucro que promove a solidariedade e a conciencia social en temas globais co obxectivo de crear un mundo máis xusto e pacífico. "Estamos comprometidos coa defensa dos dereitos humanos e a xustiza en todo o mundo", conclúen.

0.15482997894287