Monforte acollerá un obradoiro de alimentación saudable para maiores de 60 anos

RibeiraSacraXa
Será de carácter gratuíto e terá lugar os días os días martes 28 e xoves 30 de outubro e luns 3 de novembro
ALIMENTACION-SAUDABLE-PIRAMIDE
17 Oct 2025

O Espazo Gastronómico de Monforte, na Praza de Abastos, será o escenario dun obradoiro de Alimentación Saudable destinado a persoas maiores de 60 anos, dentro do Programa Activa. A actividade está organizada pola Fundación FormaVigo en colaboración co Concello de Monforte e será impartida pola nutricionista e cociñeira Estefanía Montes.

O obradoiro, de carácter gratuíto, dividirase en tres módulos teórico-prácticos centrados na preparación de almorzos, comidas e merendas-ceas. As sesións terán lugar os días martes 28 e xoves 30 de outubro e luns 3 de novembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas.

O prazo de inscrición abrirase o luns 20 de outubro ás 9.00 horas e pecharase o 24 de outubro ás 14.00 horas. As 16 prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición, e as persoas interesadas deberán presentarse na secretaría dos Servizos Sociais, situada no Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón s/n).

Para poder participar, os solicitantes deberán estar empadroados en Monforte de Lemos e ter cumpridos os 60 anos. A inscrición realízase mediante un modelo de solicitude facilitado na secretaría, acompañado dunha copia do DNI e dun certificado de empadroamento, no caso de non autorizar a consulta por parte do Concello.

Con esta programación, el Concello busca recuperar la tradición festiva y ofrecer a vecinos y visitantes una amplia variedad de actividades culturales, musicales y gastronómicas.

⚙ Configurar cookies
0.071138143539429