Monforte acollerá o vindeiro martes unha nova xuntanza da Comunidade Montes de Saberes

RibeiraSacraXa
Será no Centro Cívico do Malecón e contará colaboración da Asociación de Micoloxía Os Lactouros, entre outros
xuntanza-montes-de-saberes
Xuntanza da Comunidade Montes de Saberes
12 Feb 2025

O vindeiro martes 25 de febreiro no Salón de Actos do Centro Cívico do Malecón (Monforte de Lemos) terá lugar unha nova xuntanza da Comunidade Montes de Saberes, dentro do proxecto Comunidades Rurais Sostibles Galicia desenvolvido por Acción contra a Fame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE. O encontro abordará e explorará as inquietudes derivadas da pasada xornada do 22 de xaneiro en Escairón.

Nesta nova xornada contarase coa participación da Dra. M Josefa Lombardero, Profesora Titular dá Universidade de Lugo, do Dpto. de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería, especialista referente en control de pragas e Javier Mariño e Asier Bea, Enxeñeiros Técnicos en CERNA. Contarase ademais coa colaboración da Asociación de Micoloxía Os Lactouros.

0.12593698501587