Monforte acollerá o primeiro Centro de Competencias Dixitais especializado en operacións de Ciberseguridade
O primeiro Centro de Competencias Dixitais especializado en operacións de Ciberseguridade será instalado en Monforte despois de que o alcalde, José Tomé Rocá xestionara a posta en marcha na súa localidade deste novo servizo de RENFE.
A ubicación deste importante proxecto na cidade, foi anunciado hoxe en Monforte pola Secretaria de Estado de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, e polo presidente de Renfe, Isaías Táboas, que describiu os pormenores do proxecto.
O alcalde agradeceu o esforzo e o interese tanto do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, como da propia Renfe, e resaltou que “Renfe debe seguir xogando en Monforte un papel moi importante, algo ó que sen dúbida contribuirá este Centro”.
1 millón de euros
Pardo de Vera anunciou a creación deste futuro centro en Galicia, no que Renfe investirá case 1 millón de euros, e que será o primeiro centro de operacións de seguridade ferroviaria especializado destas características a nivel europeo.
O presidente de Renfe explicou que o novo CCD de Renfe en Galicia terá como misión detectar, analizar e corrixir incidentes de ciberseguridade, utilizando as solucións tecnolóxicas máis avanzadas da industria. Adicionalmente, este Centro de Operacións de Seguridade (SOC), poderá ser a base para a creación e
desenvolvemento dun Cluster Empresarial de Ciberseguridade aplicada ao sector ferroviario europeo.
Neste senso José Tomé, resaltou a importancia dente novo Centro “porque se somos ambiciosos e facemos as cousas ben, do 40 postos de traballo que crearemos inicialmente a través del, poderemos alcanzar os 100 postos altamente cualificados”.
Finalmente, tanto a Secretaria de Estado coma o presidente de Renfe, destacaron “o interese, o tesón e o empeño do Alcalde de Monforte por levar adiante este proxecto, que hoxe é unha realidade e que situará á cidade como referencia da ciberseguridade deste tipo de servizos en España”.
Obxectivos e posta en marcha do novo Centro de Competencias Dixitais de RENFE en Monforte
O novo CCD de Renfe en Galicia terá a misión de detectar, analizar e corrixir incidencias de ciberseguridade, utilizando as solucións tecnolóxicas máis avanzadas do sector.
Ademais, este Centro de Operacións de Seguridade (SOC) pode ser a base para a creación e desenvolvemento dun Clúster Empresarial de Ciberseguridade aplicado ao sector ferroviario europeo.
O de Monforte de Lemos será un SOC ferroviario especializado en IT (Information Technology) + OT (Operational Technology) + IoT (Internet of things) e estará formado por un equipo altamente capacitado e certificado en ciberseguridade, de entre 35- 40 profesionais (no período 2023-2025).