Monforte acollerá o 21 de maio unha nova sesión sobre o sector dos coidados

O próximo mércores 21 de maio celebrarase unha nova sesión da Comunidade de Aprendizaxe para persoas dedicadas ao coidado de persoas dependentes, organizada por Acción contra o Hambre. A cita terá lugar no Ecocentro Natureza, situado na Avda. de Galicia, 52, baixo, en Monforte de Lemos, de 17.30 a 19.30 horas.
Nesta sesión abordaranse temas clave para mellorar a saída laboral no sector dos coidados, como a elaboración dun currículum atractivo, a preparación de entrevistas de traballo, a opción do emprendemento e como crear un negocio sostible neste campo.
A entrada é gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente. Ademais, o 28 de maio celebrarase a seguinte sesión, centrada na xestión do estrés e autocuidado para os profesionais do sector.