Monforte acollerá o 2 de setembro diferentes actividades para todos os gustos

RibeiraSacraXa
O Verán Cultural de Monforte de Lemos acollerá diferentes actividades ata mediados de setembro incluíndo feiras
monforte eventos 2 setembro 2023
30 Ago 2023

Ademais da programación de verán, Monforte acollerá o vindeiro sábado 2 de setembro o II Encontro de Palilleiras do Concello de Monforte, o XXII Festival de Habaneras e o Festival do Paradiso.

Ademais a Festa do San Mateo será o xoves 21 de setembro, que será o peche do Programa Cultural de Verán.

HABANERAS

O XXII Festival de Habaneras terá lugar na praza de España a partir das 21.00 horas. Este espectáculo está organizado polo Concello de Monforte de Lemos e subvencionado pola Deputación de Lugo.

Contará co Coro de la Bodega de Candás en Asturias, a Coral Polifónica Estradense e a Coral Polifónica de Monforte de Lemos.

PALILLEIRAS

O encontro será na explanada da Compañía terá lugar o II Encontro de Palilleiras na explanada da Compañía de 10.30 a 19.00 horas. Haberá un xantar popular ás 14.00 horas e sorteos e agasallos a partir das 17.00 horas.

PARADISO

Este festival está organizado pola Asociacion Cultural Náufragos do Paradiso no parque do Condes. Os asistentes poderán desfrutar de forma gratuíta dos concertos de El Mundo de Sofía, Malenne,Los Mitocondrias, 020, A Cadela Asasina, Baturruka Monforte, Dj Darius Weis, Dj Jufra, Dj Eros Marez, Dj Gery, Propiciosd1as A.K.A La Toña Jackson e El Niche (Topical Madness Set)

0.084602117538452