Monforte acollerá este sábado unha Feira de Artesanía e Produtos Lucenses
A Deputación de Lugo organiza para este sábado, 22 de xuño, unha Feira de Artesanía e Produtos Lucenses, xunto á Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR).
Esta cita, que terá lugar na rúa Cardenal de Monforte de Lemos a partir das 11.00 horas durante todo o día, reunirá a 13 emprendedoras rurais que darán a coñecer entre as persoas asistentes os seus produtos, servizos e negocios asentados no rural da provincia.
Concretamente, neste evento, que se enmarca dentro da programación de 'E para vivir Lugo', situaranse 13 stands de empresas lideradas por mulleres nas que os veciños e veciñas poderán degustar diferentes produtos artesanais como galletas e marmeladas artesanais ou embutidos porco celta.
Ademais, tamén haberá diversos negocios de cerámica, cremas, aceites ecolóxicos e unha actuación musical en directo a partir das 17.00 horas.
As emprendedoras que participarán neste evento son: Ceniza de Papel de Lugo, Galletas Xianas de Taboada, Tres Caracoles de Lugo, Caurelor de Quiroga, Muuhlloa de Monterroso, As Coruxas de Foz, Tataraboas de Antas de Ulla, Celtagal de Mondoñedo, Naturantas de Antas de Ulla, Fusaiola de Vilalba, Lucecús de Guitiriz, Aceites Figueiredo de Ribas de Sil e Sacrapastas de Chantada.