Monforte acollerá este mes obradoiros gratuítos sobre competencias dixitais para persoas migrantes

RibeiraSacraXa
A proposta está organizada por Acción contra a Fame e terá lugar os días 20, 22 e 23 de abril
curso-counidades-rurais-monforte
8 Apr 2026

A Aula CeMIT de Monforte acollerá os días 20, 22 e 23 de abril un ciclo gratuíto de obradoiros sobre liderado e competencias dixitais, unha iniciativa dirixida especialmente a persoas migrantes.

A proposta está organizada por Acción contra a Fame, desenvolverase polas mañás, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e forma parte dun programa formativo centrado no desenvolvemento de habilidades persoais e dixitais, co obxectivo de favorecer a integración social e mellorar as oportunidades laborais das persoas participantes. Aínda que está especialmente orientada a persoas migrantes, tamén poderá participar calquera persoa interesada.

Durante as sesións traballaranse contidos relacionados co liderado persoal, a xestión emocional e o uso de ferramentas dixitais clave no contexto actual, tanto para a procura de emprego como para a relación coas administracións.

Esta actividade enmárcase no proxecto “Comunidades de dinamización e emprego inclusivo: Novas ruralidades”, desenvolvido pola Fundación Acción contra a Fame en colaboración coa Fundación “la Caixa”.

0.11590504646301