Monforte acollerá en abril o Encontro Nacional de Emprendedores Creativos

RibeiraSacraXa
A cita precederá á terceira edición do ‘Camiño Creativo a Santiago 2025’, que percorrerá 133,4 quilómetros entre Monforte e Santiago
presentacion-camiño-creativo
Presentación da terceira edición do programa 'Camiño Creativo'
5 Feb 2025

A Tenente de alcalde, Gloria Prada, en representación do alcalde, José Tomé Roca, participou este martes en Santiago de Compostela na presentación da terceira edición do Camiño Creativo, que este ano impulsará o emprendemento e a difusión da Ribeira Sacra.

A iniciativa celebrarase durante os días 13 e 23 de abril coincidindo coa celebración da Semana Santa, que “consideramos un acerto que se elixiu a nosa cidade, Monforte de Lemos, e a Ribeira Sacra, para o comezo da 3ª edición do Camiño Creativo”.

Previamente, a cidade de Monforte acollerá, do 11 ó 13 de abril o Encontro Nacional de Emprendedores Creativos, “que que poñerá a súa énfase na creación dun ecosistema creativo e emprendedor na Ribeira Sacra, que servirá para apoiar ese obxectivo común polo que tanto estamos a loitar tanto, para que alcance a designación de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO”, destacou Prada. Para elo, o executivo de José Tomé apoia esta importante iniciativa con 5.000 euros.

Os 20 emprendedores seleccionados desenvolverán a súa idea de negocio ao tempo que percorren os 133,4 quilómetros do Camiño de Inverno entre Monforte de Lemos e Santiago de Compostela. Unha iniciativa que, segundo explicou Gloria Prada, “impulsa a creatividade, o talento e a innovación, potenciando o emprego e o autoemprego, a través do emprendemento no sector das Industrias Culturais e Creativas, e ligado á paisaxe” e engadiu que “precisamente, nesa unión de Camiño Creativo e paisaxe, Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra teñen moito que dicir, porque en ambas as danse todas as circunstancias para que o Camiño Creativo sexa todo un éxito”.

Centrada esta 3ª edición do  Camiño Creativo no Camiño de Inverno, cuxa 6ª etapa transcorre por Monforte de Lemos, a tenente de Alcalde recordou que  en setembro do ano 2021, “inauguramos a Oficina de Atención ao Peregrino do Camiño de Inverno, que é unha aposta decidida do concello de Monforte por dar servizo ao crecente número de peregrinos que ano a ano transcorre por este Camiño de Inverno”. Neste sentido, en 2024 esta oficina alcanzou datos históricos, con 3.676 persoas atendidas, 1.556 persoas máis que en 2023, un 73,39% máis.

Tamén recordou a Tenente de Alcalde que xa no ano 2021, a cidade acolleu outras xornadas organizadas por España Creativa e o Concello de Monforte, denominadas “O Camiño Creativo- Xacobeo 2021 emprende”, que reuniron a máis de medio cento de emprendedores “que puideron desenvolver con axudas económicas de diferentes administracións, entre as que se atopa a nosa cidade, o seu plan de negocio á vez que facían o Camiño de Inverno”.

“Por todo iso, desde o Concello de Monforte estamos moi implicados tanto coa promoción turística e cultural, coa difusión da riqueza patrimonial, paisaxística e gastronómica, na que Ribeira Sacra e Camiño de Inverno son dous dos nosos buques insignia. E unidos ao noso apoio a emprendedores, autónomos e empresas, que desenvolvemos a través de diversos programas ano a ano, proxectos como o que hoxe se presenta aquí sen dúbida están dentro da nosa folla de ruta”.

“Polo tanto”, concluíu Prada, “consideramos un acerto que se elixiu a nosa cidade, Monforte de Lemos, e a Ribeira Sacra, para o comezo da 3ª edición do Camiño Creativo, e que acolla, do 11 ao 13 de abril de 2025, o Encontro Nacional de Emprendedores Creativos, que poñerá a súa énfase na creación dun ecosistema creativo e emprendedor na Ribeira Sacra, que servirá para apoiar ese obxectivo común polo que tanto estamos a loitar: a designación de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

0.16624903678894