Monforte acollerá distintas representacións teatrais da man da Rede Galega de Teatros

RibeiraSacraXa
A Rede Galega de Teatros e Auditorios organiza para Monforte varias actividades para a primeira metade de 2023.
21 Jan 2023

A Rede Galega de Teatros e Auditorios organiza para Monforte varias actividades para a primeira metade de 2023.

Todas as actividades terán un prezo de 5 euros, agás para os nenos, estudantes e desempregados e xubilados, que terán que pagar só 3 euros.

Ademais, cada unha das actuacións serán protagonizadas no Edificio Multiusos de Monforte ás 20.15 horas para as xornadas de adultos e ás 18.00 horas para a actuación infantil.

Obras teatrais e datas

A primeira actuación teatral terá lugar o vindeiro 26 de xaneiro e será 'Smoke on the water' a cargo de Ibuprofeno Teatro.

A segunda será de Fulano, Mengano e Citano, 'A louca historia de Galicia' que se representará o vindeiro 16 de febreiro.

A seguinte será o 9 de marzo, 'Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva', de Olivas negras.

Xa en abril terá lugar 'Conexión pingüín', de Culturactiva, en concreto, o 2o de abril.

Todas as actuacións anteriores están orientadas a un público adulto e a última deste grupo é que se celebrará o 4 de maio a cargo de Redrum Teatro, 'Un home con lentes de pasta'.

Por último, o 7 de maio, celebrarase 'O lobo e a lúa', unha actuación infantil de Baobab Teatro.

0.1611762046814