Monforte acollerá a primeira reunión do Clube de Emprendemento Ribeira Sacra 2026

O próximo xoves 22 de xaneiro, ás 11:00 horas, celebrarase a primeira reunión do Clube de Emprendemento Ribeira Sacra 2026. Este espazo está dirixido a emprendedores, empresas, entidades sociais e a todas aquelas persoas interesadas en impulsar o emprendemento como ferramenta para o desenvolvemento rural na comarca.
A reunión terá lugar en Las Agujas de Su, situada na Rúa Comercio, 4 baixo, en Monforte. A iniciativa forma parte do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE.
Dende a organización invitan a participar a todas as persoas que queiran apostar por un territorio rural forte, sostible e con novas oportunidades. Para asistir, é preciso inscribirse a través do formulario dispoñible na web de Acción Contra a Fame.