Monforte acollerá a Cabalgata de Reis Magos o 5 de xaneiro
A Cabalgata de Reis do Concello de Monforte celebrarase este xoves 5 de xaneiro a partir das 17.30 horas, cando os Reis Magos de Oriente cheguen á Estación do Ferrocarril.
Na estación, serán recibidos polo polo alcalde, o equipo do goberno local e pola música da Escola de Gaitas do Concello.
Alí conformarase a Comitiva Real, integrada por catro carrozas, unha coa estrela e as outras tres para cada un dos Reis Magos e seus paxes, que serán alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade.
Desta maneira, está previsto que ás 18.30 horas a Comitiva Real saia dende a Praza da Estación para percorrer as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avenida de Galicia (Ponte Novo), para saudar a todos os nenos e nenas do Concello, ata o Campo de Santo Antonio, ante a Casa do Concello, ás 19.30 horas.
Aí lerán o discurso de Reis dende as escaleiras da entrada principal do Concello, finalizando a súa visita co reparto de caramelos e coa recepción ós nenos e ás nenas da cidade no alto das propias escaleiras exteriores do Concello.
Para facilitar o acceso con seguridade dos nenos e que se poidan sacar fotos coas Súas Maxestades, establecerase un circuíto delimitado con vallas de entrada e saída, aproveitando
as ramplas laterais existentes a ambos lados da fachada do Concello, sendo á da dereita segundo se mira á fachada a entrada, e a saída pola rampla da esquerda.
"Coa chegada dos Reis Magos a Monforte, e co apagado, o vindeiro domingo 8 de xaneiro, do alumeado navideño do Concello, daremos por finalizado o completo programa de actividades de Nadal que dende o Equipo de Goberno desenvolvimos este ano en Monforte, e que resultou todo un éxito de participación", destacou o alcalde, José Tomé Roca.