Monforte acolle unha nova edición do Campionato Provincial de Natación
RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega das medallas correspondentes ó Campionato Provincial de Natación de Lugo, que se celebrou na piscina municipal de A Pinguela.
3 Mar 2024

Esta foi a segunda edición do Campionato Provincial de Natación, que estivo organizado polo Club Natación Monforte, e ó que acudiron, ademais do clube monfortino, os clubes de natación da provincia de Lugo. O evento contou coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos e a Deputación Provincial de Lugo.