Monforte acolle unha nova charla sobre o programa de acollida 'Vacacións en Paz 2024' da Sogaps
A ONG SOGAPS (Solidaridade Galega co Pobo Saharaui) organiza unha nova charla sobre o programa de acollida 'Vacacións en Paz 2024' o vindeiro venres 5 de abril ás 20.00 horas no Centro Cívico do Malecón de Monforte.
A charla informativa sobre o programa de acollida 'Vacacións en Paz' é un proxecto de acollida temporal de nenas e nenos saharauis durante os meses de xullo e agosto, que en Galicia leva a cabo SOGAPS a petición expresa do Goberno da República árabe Saharaui Democrática (RASD).
Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria desde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que os seus fillos desfruten dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e coidados das familias acolledoras galegas.
O obxectivo xeral da iniciativa é trasladar a nenas e nenos saharauis, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Arxelia), para pasar dous meses do verán acollidos por familias galegas.
Nesta charla, ademais de resolver dúbidas e ampliar información, tratarase as diferentes accións que se pretenden levar a cabo cas diferentes administración locais da comarca a quenes se lles solicitará colaboración co fin de axudar ó máximo posible ás familias que decidan acoller a través do programa 'Vacacións en Paz 2024'.