Monforte acolle o Festival Letras Galegas 2024 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa concellería de Cultura, conmemorará mañá o Día das Letras Galegas deste ano 2024, que está adicado a Luisa Villalta Gómez.
Deste xeito, o venres 17 de maio, a programación ideada arredor do Día das Letras Galegas culminará coa celebración do Festival Letras Galegas 2024 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a partires das 12.00 horas.
O Festival abrirá coa intervención institucional do alcalde da cidade, José Tomé Roca. Trátase dun festival musical, dirixido a todos os públicos e de carácter gratuíto, e que contará coas actuacións dos seguintes grupos a Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte e a Coral Polifónica do Concello de Monforte.
Ademais, dende onte, a sala de exposicións da Casa da Cultura acolle unha exposición con 10 paneis adicados á escritora coruñesa homenaxeada este ano, e que poderá visitarse ata o 28 de maio.
O rexedor anima a todos os monfortinos e monfortinas a participar e a desfrutar de Festival de Música protagonizado por músicos monfortinos.