Monforte acolle o final da 19ª etapa da Volta Ciclista

RibeiraSacraXa
José Tomé e Javier Guillén deron a coñecer, a través dunha rolda de prensa os pormenores da que será a antepenúltima etapa.
javier gullen jose tome
13 May 2021

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Director da Volta Ciclista a España, Javier Guillén, deron a coñecer, a través dunha rolda de prensa celebrada no Concello, os pormenores da que será a antepenúltima etapa (a nº 19) da edición número 76 da Volta Ciclista a España, que se celebrará o vernes 3 de setembro, con saída en Tapia (Asturias) e con chegada final a Monforte de Lemos.

Na presentación, o rexedor municipal agradeceu ó Director da Volta “a súa disposición e interés por traer unha final de etapa a Monforte” e manifestou seu orgullo como Alcalde, en  nome de todos os monfortinos “polo feito de acoller unha das probas deportivas máis importantes e cun número de seguidores tan elevado en todo o mundo, que sen dúbida posicionará a Monforte de Lemos e á Ribeira Sacra ante os millóns de espectadores que seguen este evento”.

Neste senso, o Alcalde recordou que esta é a segunda vez que A Volta visitará Monforte de Lemos, xa que a cidade foi saída de etapa no ano 2016. “Un motivo máis para sentirnos moi orgullosos de que os responsables da Volta fagan de Monforte cidade protagonista nesta importante competición ciclista”.

Descrición da 19 etapa, a antepenúltima da Volta 2021

O Alcalde detallou os pormenores desta 19 etapa, “unha etapa de media montaña que esperemos chegue a Monforte cargada de emoción, como o adoitan ser as últimas etapas deste tipo de competicións, e se é posible, que sexa unha etapa decisiva no desenlace da Volta”.

A etapa sairá de Tapia, en Asturias e contará con 191 quilómetros, dos cales 139 quilómetros transcorrerán pola provincia de Lugo, “feito que, como Presidente de la Diputación de Lugo, tamén supón para min unha gran satisfacción, pois mostrará gran parte da nosa provincia antes da chegada a Monforte”, salientou Tomé Roca.

No seu desenvolvemento, a etapa 19, que é de media montaña, transcorrerá polos portos do Alto da Sela d’Entorcisa, de 3ª categoría e o Alto da Garganta, de 2ª categoría, ambos en  Asturias. E tras eles, virá o Alto de Barbeitos, de 2º categoría, xa na provincia de Lugo.

Tras eles, o pelotón entrará por Fonsagrada, pasará por Castroverde e polas proximidades de Lugo, e tomará a LU-652 para transcorrer por Sarria, Bóveda e chegar finalmente a Monforte de Lemos, que será final de etapa. “Neste sentido”, subliñou o Alcalde, “quero destacar que esta será unha meta inédita na Volta. Nunca antes Monforte foi final de etapa en esta ronda ciclista.”

De esta forma, Monforte será a terceira localidade diferente da provincia de Lugo que acolle unha meta dunha etapa da Volta, despois de Lugo y Ribadeo.

Monforte de Lemos, meta final da 19 etapa

Na súa chegada a Monforte, os ciclistas accederán á cidade por Ribasaltas, transcorrerán pola rúa Morín, e á altura do cruce coa rúa San Pedro, torcerán á dereita para circular pola Rolda María Emilia Casas Baamonde. Na rotonda do Hórreo, torcerán cara á rúa Chantada e  percorrerana ata chegar á parada de taxis, onde continuarán recto, pola Avenida de Galicia.

Ó chegar ó cruce coa rúa Celso Emilio Ferreiro, torcerán á dereita, para circular por devandita  rúa, e volverán torcer á dereita no cruce coa rúa Escultor Francisco Moure, situándose a liña de meta diante dos Escolapios, á altura da plazuela diante do Bar Cristal.

Parque Volta, Volta Junior e outros elementos destacados

O Alcalde tamén explicou que arredor da zona de meta, situaranse outros elementos que acompañan a todos os finais de etapa desta rolda ciclista. Neste senso, o Concello está a traballar, xunto cos organizadores da Volta, para fixar as ubicaciones definitivas do que será o Parque Volta, unha zona que acolle atraccións e stands de todo tipo a cargo dos patrocinadores da Volta a España, con probas de produtos, agasallos e degustacións. Este  espazo prevese que, si as condicións da covid19 o permiten para entón, poida ser aberto para  disfrute do público asistente, unha vez finalizada a etapa

Do mesmo xeito, a organización da Volta e o Concello, en colaboración cos centros educativos da cidade, traballan para celebrar a chamada Volta Junior, unha competición destinada a un centenar de nenos e nenas que se desenvolve aproximadamente dúas horas antes da chegada dos corredores profesionais á meta.

Así, José Tomé animou “a todas as persoas que o desexen a vivir en primeira persoa este evento deportivo e a que se acheguen á nosa cidade, que está declarada Conxunto Histórico Artístico. E ademais aquí atoparán unha natureza de extraordinaria beleza, na Ribeira Sacra, que esperemos sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, en xuño”.

“O potencial de audiencia da Volta Ciclista a España será un escenario inmellorable para achegar ao mundo a riqueza paisaxística e cultural de Monforte e de toda a Ribeira Sacra”,  concluíu o Alcalde.

mapa etapa volta ciclista
etapa volta ciclista

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15066409111023