Monforte acollerá este fin de semana o Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch & Putt

Este venres 4 de outubro arranca no Club de Golf Río Cabe, en Monforte, o Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch & Putt, que se desenvolverá durante o fin de semana e que inclúe unha xornada de adestramento o xoves 2.
A competición reunirá ás seleccións autonómicas de 16 comunidades: Galicia, Andalucía, Castela e León, Canarias, Madrid, Castela-A Mancha, A Rioxa, Cantabria, Navarra, Murcia, Asturias, Baleares, Comunidade Valenciana, Extremadura, País Vasco e Aragón. Cada equipo estará formado por catro xogadores, que competirán ao longo dos tres días de torneo.
O campionato comezará con 36 buracos clasificatorios en modalidade stroke play, e a partir do sábado 4 dará comezo a fase de match play, na que se disputará o título nacional de federacións autonómicas.
Durante este fin de semana, Monforte e o Club de Golf Río Cabe convértense no epicentro nacional do Pitch & Putt, acollendo aos 64 mellores xogadores e xogadoras do territorio español, que loitarán polo campionato nas instalacións do club monfortino.