Monforte acolle este domingo a primeira actividade do programa 'Actívate' da Deputación de Lugo

RibeiraSacraXa
Monforte acolle este domingo a primeira actividade do programa 'Actívate' da Deputación de Lugo
Monforte actividad
15 Apr 2023

Monforte de Lemos acolle este domingo, 16 de abril, a primeira actividade do programa 'Actívate' da Deputación de Lugo, unha actividade gratuíta de paddle surf e kaiak de río que terá lugar nos Canóns do Sil.

A partir das 11.00 horas e cunha duración aproximada de dúas horas e media, a iniciativa busca promover o turismo activo, deportivo e de aventura cunha dificultade baixa-media e destinada a persoas a partir de 7 anos, de condición física mínima e que saiban nadar.

Un dos obxectivos que se pretende coa mesma é dar a coñecer o entorno dos Canóns do Sil, unha paisaxe natural e humanizada extremadamente valiosa. As recomendacións que se fan para o correcto desenrolo do exercicio, é levar calzado e roupa cómoda, protección solar e chubasqueiro no caso de choiva, así como levar unha botella de auga.

A última indicación dos monitores da actividade é prestar atención en todo momento aos guías especializados, xa que ao desenvolverse no medio natural, é preciso garantir unha seguridade básica.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17634391784668